| |
|
| ....La Xunta inaugura el curso de entrenadores |
| |
|
| |
|
Case duascentas persoas inscribíronse neste curso, que se celebrará en tres fins de semana. A conselleira destacou o interese do seu departamento en contar con xente cualificada e preparada no mundo do deporte.
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, inaugurou hoxe a segunda edición do "Curso de Adestrador/a de Nivel 1: Bloque común", no que hai inscritas case 200 persoas e que se desenvolverá nos próximos días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro.
A conselleira destacou a súa satisfacción ante a magnífica resposta que están recibindo estes cursos, que están superando e moito as previsións iniciais. Bugallo insistiu na importancia que lle da o seu departamento á formación dos técnicos e por iso a posta en marcha da Escola Galega do Deporte, que a responsable destas actividades.
A Escola Galega do Deporte organiza a 2ª edición do Bloque Común do Curso de Adestradores/as de Nivel I, dentro do Período Transitorio das ensinanzas deportivas. Este Período Transitorio está regulado polo RD 1363/2007 e a Orde ECD/3310/2002. Unha vez completado co Bloque Específico e o Bloque de Prácticas que ofertan as distintas federacións deportivas galegas, permite acadar o diploma de Adestrador de Nivel I nunha modalidade deportiva determinada. A matrícula deste curso do Bloque Común é gratuíta.
Ao organizar a Escola Galega do Deporte este bloque común, que é válido para todas as modalidades deportivas, as federacións unicamente teñen que organizar o Bloque Específico correspondente e supervisar a realización das prácticas.
No ano 2009 a Escola Galega do Deporte organizará outro curso do Nivel I (febreiro-marzo) e un curso do Nivel II (marzo-abril).
Na primeira edición, desenvolvida en xuño, foros 185 os/as adestradores/as que superaron este curso. Nas vindeiras semanas, a Escola Galega do Deporte publicará un catálogo informativo coa oferta de formación para o ano 2009, da propia escola e das federacións deportivas galegas. |
|
|
| |
| |
 |
|
| |
|
|
| |
Momento de la inaguracion |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
.....
.................. |